14/08/09

A miña historia nos Gasherbrum (Parte V e última)


Foto preto dos oitomil metros no G2: O esforzo mereceu a pena.


Ao CB cheguei coa boca seca, pola sede e a tensión sufrida. Todos estaban durmindo e o primeiro que fixen foi dar boa conta de dúas latas de mexilóns ao natural, sobre todo para saciar a sede co seu liquido, non había outra cousa.
Estaba moi canso, pero estaba no CB o día 4 como fora o meu compromiso coa organización. Comecei a desfacer a mochila e reorganizar as miñas cousas. De seguido aparece o cociñeiro e pouco a pouco todos os demais, as felicitacións sucédense, xa sabían que fixera cumio, as novas voan.

A miña aventura nos Gasherbrum remataba, o éxito deportivo foi froito dunha experiencia acumulada en anos de montañismo e dunha preparación persoal axeitada. Pero non foi un éxito individual, forxouse coa confianza que depositaron en min e nas miñas posibilidades, unha chea de persoas que de forma persoal ou a través de empresas, comercios ou institucións, brindaron o seu apoio. O meu agradecemento a Carlos Cabaleiro (empresario, COVSA), á Fundación Vigo Deporte e á Fundación Deporte Galego, como patrocinadores do proxecto; a Mónica e David (Musgo Aventura, Pontevedra), a Nuria, Luis e Juan (Terra Deporte Aventura, Vigo), a Carmela e Yolanda (Garpe, Vigo), a Juan Taboada (xefe de predición de Meteogalicia), a Jonathan, Suso e todo o persoal do Centro de Fisioterapia Lence & Martínez (Vigo), á Federación Galega de Montañismo e ao meu querido Club Montañeiros Celtas, como colaboradores; a Chus Lago, Sonia, Jakobo, Alberto, Pedro, David... por deixarme material para á expedición e/ou por axudarme nos preparativos.

Para a miña sorpresa, no CB tiñan decidido que o treking o comezara o día 5. Quedei un pouco contrariado, pero mirei o lado positivo. "No problem", así descanso e recollo todo máis tranquilo. Despois de almorzar deiteime ata as doce e media que viu Boyan de visita; falamos sobre o mal que estaba o glaciar e sobre o cumio. Resulta que el non realizou a aresta e por tanto non chegou ao autentico cumio, non se quixo arriscar, e considera que so conseguiu "1/2 cumio". Felicitoume por chegar ao máis alto e estivemos vendo as fotos de cumio de cada un. A miña cámara foi testemuña do meu cumio e Boyan o confirma, ademais parece ser que estiveron seguindo a miña ascensión con prismáticos dende o final da morea na que está o CB. Pola tarde outros españois achegáronse ao meu campamento para felicitarme, empezaba a asumir que este cumio fora unha pequena proeza. A cea foi especial con motivo da miña despedida e cumio acadado, xa que tamén é un éxito para a axencia, Hunza Guides.

Así pois, esta tempada, que non foi boa en todo o Karakórum, cunha meteoroloxía complicada para as previsións e especialmente polo constante e forte vento, remata nos Gasherbrum con so dúas persoas que chegaron ao cumio no G2, o suízo Ueli Stetk e o galego que escribe.
Curiosamente eu elixira ir a o G1 como principal opción por ser unha montaña máis fermosa (para o meu gusto), algo máis difícil (a priori) e á que vai menos xente, respecto do G2, o oitomil que conta con máis ascensións despois do Everest e do Cho-Oyu e como estas, obxectivo prezado das pesadas expedicións comerciais. Esta tempada para o G2 había 13 expedicións (3 eran comerciais: canadense, irana e internacional), bastantes pero moitas menos do habitual. Este ano, polo efecto da crise económica mundial e do terrorismo talibán en Paquistán, o número de expedicións neste pais foi reducido respecto de anos anteriores.
Pero o que son as cousas... esta tempada só houbo dúas ascensións no G2, ambas en solitario e en estilo lixeiro. No G1 houbo 18 persoas que chegaron ao cumio, un día 6 e outro 12. O G2, un oitomil “doado”, este ano revelouse e mostrou a súa cara máis agreste ofrecendo un reto superior. A variabilidade, ese don das montañas que has fai tan fermosas e interesantes! Grazas, queridas montañas, por ser como sodes.

O día 5 de agosto comecei o treking, acompañado por Salman (guía) e tres porteadores. Tiña demasiadas feridas nos pes (rozaduras, falta de sensibilidade en varios dedos...) como para que o andar fora un pracer, pero debía apretar os dentes, calar e partir. Aos poucos centos de metros parei e mirei cara o CB, foron moitos días alí, naquelas tendas, coa aquela boa xente: Jon o cociñeiro, Musaf o seu axudante, Karim o coordinador, Yavé o oficial de enlace, e con tantos e tantos montañeiros de diversos países. Quedei coa pena de non poder felicitar persoalmente aos meus compañeiros... Reiniciei a marcha mentres unhas bagoas escorríanse pola miña faciana, ata aterrar nas pedras da morea do glaciar que pisaba... Luis non iniciaría este retorno a casa.

A primeira xornada do treking foron 7 horas, a segunda 12 e media, a terceira 12 e cuarto e a cuarta e última 5 horas pola maña (sempre sen contar as paradas). Pola tarde do cuarto día tocaba jeep, o previsto eran 5 horas, pero a medio traxecto houbo que cambiar de vehículo, íase nas curvas, je que graza, coa de precipicios que tiña a ruta (de terra e en pésimo estado polas recentes choivas), despois o segundo vehículo quedou sen combustible... xa era noite. Total que chegamos sobre as 23 horas ao hotel en Skardu.
Ao día seguinte algo sae ben!, hai avión a Islamabad! Fantástico! De non habelo tería 2 días de transporte terrestre, uf, que alivio.
O día 10 de agosto estaba en Islamabad e o 12 chegaba a Vigo sobre as 11 da mañá, con recibimento por parte de familiares e amigos, e tendo por testemuñas a reporteiros da prensa local. Grazas a todos.

Tamén o meu agradecemento aos medios de comunicación: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Atlántico Diario, Cope Vigo, Radio Vigo, Radio Voz, TeleVigo... que a través de novas ou entrevistas demostraron interese na expedición.
E como non, a miña gratitude a todos aqueles familiares e amigos e incluso persoas que non coñecía anteriormente, que deixaron comentarios neste blog e/ou enviaron mensaxes de ánimo ao meu teléfono satélite, que ía lendo de cando en vez, é dicir, cando era capaz de facer funcionar os meus aparellos de comunicación. Grazas, grazas, grazas... Unha forte aperta para cada un deles.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

13/08/09

A miña historia nos Gasherbrum (Parte IV)

Foto: A miña mochila e ferramentas no cumio do G2. Detrás o G1.

Demorei bastante a saída do cumio, saboreando sensacións e recreando os meus sentidos. Pero inda tiña "deberes" na parte alta da montaña e ás 15.10 h iniciei o descenso, repetindo a adrenalínica aresta en sentido contrario. O resto da ruta non ten ningunha complicación e rapidamente estaba na longa travesía onde veuse a Luis por ultima vez (a uns 7.600 m), alí vin aos iranies descendendo.

Cando dous días antes estaba no C1, miraba ao G2 con desexos de cumio, pero tamén de atopar o corpo de Luis. No meu interior algo removíase incomodo. Tiña aquela cousa de que ningún do grupo de Luis nos achegaramos á ruta seguida por el, a onde podía estar o seu corpo, ou cando menos as súas cousas (tenda, etc.). Subir na busca de Luis foi unha motivación extra, case unha obriga moral.
No descenso do cumio, os deberes que me tiña impostos eran buscar o corpo do meu compañeiro, e eso foi o que fixen: na zona da “travesía” removín cada montón de neve (en 3 sitios) onde pola súa forma e situación podía acharse o seu corpo, incluso asomeime nunha greta por si refuxiarase nela... Nada, nin rastro de Luis. Atopar o corpo e fotografalo facilitaría os tramites da familia, un "desaparecido" é un problema burocrático. Recuperar as súas cámaras e por tanto as ultimas fotos de Luis seria grato para a súa familia. Sinto non poder facer mais.

Xa no C3, onde cheguei as 20.30 h rapelando tras os iranies, tocaba descansar e recuperarme.

Luns, 3. Agora toca apurar, dentro dun día comprometinme a iniciar o treking de regreso, uf! Recollo as miñas cousas e todo o de Luis (tenda, saco de durmir, algunha roupa e obxectos persoais). Tamén todo o lixo dos que pasaron por alí e 4 cargas de gas baleiras. Vou cargado dabondo, pero satisfeito de que as cousas de Luis non queden abandonadas na montaña.
Inicio o descenso, a neve esta cada día peor, parece que todo se vai esborrallar. Paso polo C2 e so paro un intre.
O seguinte tramo é a famosa "Banana", bastante vertical e fermosa, pero a neve é case auga e mete medo, uns metros por baixo unha das estacas que fixan a corda brilla deitada sobre a neve... Xa cara o final da Banana caio nunha greta, estaba rapelando e para saír teño que quitar a pesada mochila. No seguinte tramo de rapel, caio sobre as costas e deslizo uns metros ata que se tensa a corda... saltaran dúas estacas. Vou de susto en susto.
Por fin chego ao C1, son as 5 da tarde, aquí deixarei todo o de Luis para que o baixe un porteador.

Hoxe os meus compañeiros Marta, Carlos e Oskar fixeron cumio no G1. Unai e Arkaitz non aguantaron o frío e forte vento da madrugada e regresaron ao C3, onde todos iniciaran a ascensión. Tamén fixeron cumio Nestor (vasco), os dous porteadores de altura de Marta e Carlos, a coreana Oh Eun-Sun e dous dos seus sherpas e 3 checos, en total 12 persoas. Parabéns para todos eles!

Eu teño que seguir baixando, pero debo esperar a que o glaciar este nas mellores condicións, que será pola noite, todo ben xeado. Non teño mais remedio que baixar só, non gústame a idea pero non hai outra opción.
Como e bebo moito, necesito hidratarme ben e recuperar enerxía. Vou recollendo todas as miñas cousas e preparando outro mochilón que xa me doen as costas con so miralo.
Inicio o descenso cara o CB ás 21.45 h... sen saber o que me espera.
O glaciar esta moi aberto, hai infinitas gretas máis que cando subín por el fai máis dunha semana. Algunhas teñen os bordes tan separados que é imposible arriscarse a cruzalas só seguindo a ruta trazada, teño que dar rodeos e atopar alternativas, outras veces saltalas con vigor, tanto que nunha ocasión caín rodando no outro lado, pero é mellor pasarse que "quedarse corto" non?. Foi unha noite interminable, de terror, e non o digo por darlle dramatismo, pasei medo como nunca, avivado polo cansazo. Cheguei ao CB case as 6 da mañá (tardei unhas 8 horas!), xa espertara o día, pero case foi como chegar a seguridade do fogar, por fin.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

11/08/09

A minha historia nos Gasherbrum (Parte III)

Foto: aresta cimeira a oitomil metros. En primeiro plano restos de corda.

Venres 31 de xullo. Hoxe deberia baixar ao CB, descansar o dia 1 de agosto e iniciar o treking o dia 2 como estaba establecido no programa da expedicion.
Eso era o previsto e o que "todos" esperaban que fixera, marchar.
Levanteime sen presa, pensando que facer. Boyan Petrov (dous oitomiles), o bulgaro mais forte dos que fixeran cumio no G1 dias antes, estaba subindo cara o C2 do G2, saira sobre as 6 da manha e tinha intencion de chegar ao C3 e durmir na tenda de Luis, antes de intentar cumio. Impresionante, comentamos.
Eu tinha unha carta na manga. Acordara co responsable da axencia no CB que de ser necesario iniciaria o treking o dia 4 en vez do dia 2, a condicion era que avisara con suficiente antelacion. Polos porteadores de Carlos e Marta que baixaban, mandei unha breve nota ao noso CB: inicio treking o dia 4.
Anunciei aos meus companheiros que ia intentar o G2. Subirei ata o C2 e se as forzas acompanhan seguirei ata o C3. O telefono non funcionou, polo que non poiden comunicar os meus plans a Galicia (non hai mal que por ben non venha: asi non se preocupan).
Comenzei preparar a mochila con calma. Tinha que subir de todo menos a tenda, a minha intencion era compartir a de Luis con Boyan.
Chegou a coreana (e o seu sequito) ao C1 coa intencion de acadar o G1 (seria o seu 13 oitomil). Chegara ao CB en helicoptero dende o Nanga Parbat (seu 12° oitomil), na carreira por ser a primeira muller en ter "os 14" esta moito en xogo e non se escatiman recursos. Trouxo malas novas metereoloxicas para os meus intereses: hoxe e manha dan neve.
A minha moral resentiuse e os preparativos, sen sair da tenda, inda os tomei con mais calma. Os companheiros empezaban a bromear coa minha tardanza e sobre as 12 da manha Carlos dixo ironicamente: "Sechu, ya puedes salir, esta nevando". E asi, baixo unha nova nevada, comezei a minha ascension as 12.30 horas, cara un oitomil que so' tinha unha ascension nesta tempada, a de Ueli Steck (sen contar a dos 5 iranies, que a celebraron pero reconheceron non acadar o cumio).
Pronto deixou de nevar. Sobre as 5 e media da tarde cheguei ao C2 baixo (6.430 m), onde estaba a valeira tenda do turco. Utiliceina para descansar un pouco mentres facia a cea. Chamei por walki e falei con Marta para darlles a minha situacion e decirlle, para a sua sorpresa (outra mais), que estou ben e seguirei ata o C3. Estando no C2 chegaron uns iranies con permiso do turko para durmir na sua tenda; "No problem", eu marcho. Eles tinhan tenda no C3 e deronme permiso para empregala esa noite. As 20.10 h continuei cara o C3. A neve endurecia e progresabase mellor, inda que non estaba transformada e non me daba boas sensacions. Cheguei ao C3 (6.960 m) a' 1.30 h da madrugada. Boyan xa estabase preparando para sair, dixome que o faria nunha hora. Para non molestar fun durmir a tenda dos iranies. Eu necesitaba unha xornada de descanso, o corpo non daba para mais.

Sabado, 1 de agosto. Pasei o dia dormitando (xa na tenda de Luis), comendo e bebendo. Sobre as 4 da tarde chegaron os 2 iranies e ocuparon a sua tenda, pasadas as 5 da tarde chegou Boyan do cumio, falamos un pouco, dixome que a neve estaba regular e que o vento aparecia e desaparecia intermitentemente. Recolleu as suas cousas e sobre as 7 marchou para o C2.
Eu tinha claro que desta vez tinha que sair moi cedo, queria ter suficiente marxe.

Domingo, 2 de agosto. Iniciei a ascension as 00.00 horas (12 da noite). A neve estaba mal, seguia a pegada de Boyan pero enterrabame tremendamente nela, as condicions non eran boas. Avanzaba penosamente, as veces tinha que gatear sobre a pendente para enterrarme menos, a neve se desfacia e nalguns tramos era moi dificil avanzar. Pero estaba decidido a seguir subindo, a pesares de todo. Os iranies tamen sairon, calculo que duas horas despois pola distancia das luces, pero pronto deixei de velas, crein que dado o estado da neve deran volta.
Pasei polo emplazamento do C4, onde habia varias tendas destrozadas (doutros anos), seguin pola interminable travesia, cheguei ao collado e seguin subindo, parecia que quedaba pouco, pero non daba chegado a' arista cimera, pero cheguei! Estou a 8.012 metros. Asomeime ao outro lado... Carallo! Normalmente a aresta e' redondeada e cruzase andando sobre ela, pero este ano houbo moito vento e formouse cornisa polo lado paquistani, enton hai que pasar polo lado chines... Unha travesia de 50-100 metros sobre as puntas dos crampons e os dous piolets, cun precipicio de "miles" de metros baixo os pes, e a oitomil metros... Carallo! Xa pronosticara Ueli Steck que este ano moi poucas persoas chegarian ao cumio polas caracteristicas da aresta.
Ben, ali estaba este modesto galego de Montanheiros Celtas. Senteime a cabalo sobre a aresta mirando ao cumio. Por si fora pouca a emocion, facia vento, uns 50 km/h, casi na! Velei armas (piolet e baston-piolet)uns intantes, "o cumio e' o cumio" e vou por el. Clavei o piolet e descabalguei sobre o lado chines, xa estou colgado sobre o abismo. Todos os meus sentidos traballando como nunca, nunha soa direccion (o cumio) e cun unico obxectivo (non caer). As 14.00 h estaba no C U M I O, C U M I O !!!!!! A vista circular impresionante, ceo casi despexado, magoa do vento. Temperatura suave para estar a 8.035 metros: -21°C. Problemas coa camara de fotos, que pedia novas pilas... e as cambiei 3 veces, e seguia pedindo. Estiven 1h e 10 minutos, gocei como un neno... no meu primeiro oitomil!!!!!!!!
Tamen chorei, cando lembrei que Luis deixara a sua vida nesta montanha uns dias atras... e en lembranza da sua persoa, dedico este cumio a' "Memoria de Luis Maria Barbero".


Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

A minha historia nos Gasherbrum (Parte II)

Os checos xa non estaban no C3, deixaran tendas, comida e material para cando intenten cumio. Eu fixen auga e preparei algo para cear, tinha a comida xusta. Pronto deiteime, pero a pesares do canso que estaba costoume durmir, a minha testa non para de darlle voltas ao acontecido hoxe: vir de tan lonxe e quedar tan preto...
despois de subir 2.800 m en so' 3 dias (o normal son 4) e en solitario! Uf.. tan preto, por unha pequena nube...

A montanha e' asi, variable. Uns dias cuberta de nubes e outros despexada, mostrando todos os seus encantos; as veces en calma e outras co vento soprando con furia; con moita ou pouca neve, firme e compacta ou blanda esgotadora. E por suposto que entre un extremo e outro hai un sin fin de posibilidades. Que fermosura, nunca esta igual, esa e' parte da sua grandeza e poder de atracion.

No CB aprendin moito de estratexias, de ser pacientes, de pronosticos da meteo, de alimentacion, de estilos de ascension... de historias de montanhas e de montanheiros, de todo. Escoitei, observei, aprendin e logo tomei as minhas propias decisions, acertadas ao non, pero fieis ao meu entender como montanheiro e estilo de alpinismo, dinamico e independente.

Mercores 29. Dia de cans, neva dabondo e fai moito vento. A noite debeu ser moi fria, mais que onte, todo esta conxeado. Falo polo walki cos meus companheiros, estan no C1 (os 5 van intentar o G1), e informo de que non cheguei ao cumio e que vou baixar ao C2. Pidenme que quede un dia no C3, que manha mellora algo o tempo e eles subiran ao C2. Se me acende unha luz... se mellora a meteo podo ter un 2° intento de cumio. Os companheiros non o recomendan... e tenhen razons. Algo despois chamo para decirlles que non tenho comida e baixo. A minha aventura no G1 rematou.
A baixada foi infernal, coa xistra azotandome con violencia mentres rapelaba con dificultade polas cordas fixas xeadas e que tinha que ir desenterrando. Pero cheguei ao C2, inda que mallado e aguantando o arnes cunha man, xa que cenhido a tope se caia... asi de flaquinho estaba.
No C2 tinha moita comida e bastante variada, pronto din boa conta de gran parte dela, o meu apetito sempre e voraz. A PDA, que quedou neste campamento, segue sen funcionar. O telefono satelite vai mal pero as veces dame para unha chamada breve e informar da minha situacion, neste caso para dicir que o meu intento de ascension quedou a 209 metros do cumio.

Xoves 30. Os meus companheiros non subiron ao C2, non hai visibilidade. Presentaseme unha dificil situacion: no C2 non fago nada, quero baixar, pero... Para chegar ao C1 tenho que atravesar un perigoso glaciar e localizar un rapel, ten caido medio metro de neve e todas as gretas estaran tapadas por neve fresca, por suposto nin rastro da pegada e teria que baixar so', e' dicir, sen encordar!
Falo cos meus companheiros, Carlos desaconsella totalmente que baixe nesas condicions, que espere un dia a que mellore o tempo, que subiran eles e quedara a sua pegada. Pero ninguen garantiza que subiran (de feito ao dia seguinte tampouco subiron), ademais en todo caso teria que baixar so'.
Na montanha, como na vida, as veces tes que tomar decisions dificiles e esta iba en contra das minhas normas mais estritas "en glaciar sempre encordado". Pero o tinha claro, non queria quedar ali, non podo estar parado. Informei aos meus companheiros de que baixaria lento, sondeando o terreo e tomando todas as precaucions, ademais levaria o walki aberto.
O percorrido do C2 ao C1 leva 2-3 horas. Sen apenas visibilidade, pero gracias ao GPS e a ponher en cada paso todos os meus sentidos, conseguin chegar sen incidentes de consideracion ao C1 en 7 horas 45 minutos, nevando as 2 ultimas horas.
Os companheiros recibironme con alegria, debia parecer un fantasma (cuberto de branco) aparecido da nada. Marta dixome que podia estar contento polo que demostrei na montanha. Pero eu, dixen, non estaba contento (non fixen cumio) pero si moi satisfeito porque o dera todo por chegar arriba, agora sei que podo acadar un oitomil.
Os vascos invitaronme a cear na sua tenda. Falando con eles, contando como fora a minha experiencia, quedaron sorprendidos porque non aparentaba estar canso, Oskar dixo que pensou que eu estaria desfeito. Estar acompanhado foi moi grato pero despois da cea e un pouco de sobremesa retireime a minha tenda, tinha que descansar. Antes de deitarme, inda comin algo mais, como dixen antes, a minha fame non e' doada de saciar.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

10/08/09

Esta e' a minha historia nos Gasherbrum (Parte I)

Estou en Islamabab, cheguei en avion dende Skardu onte pola tarde, a temperatura na capital era de +41 graos, insoportable. Hoxe dediquei o dia a facer algunhas compras, pasear por Rawalpindi e comer dabondo, estou moi delgado.
Os ulimos dias foron esgotadores. Sinto non ter escrito moito antes, pero a tecnoloxia non aguantou nin o ritmo, nin o frio nin o rudo trato. Entre outras cousas, tenho o telefono satelite
escangallado, a antena esta 'kaput'(cable solto), para que funcione (cando quere) tenho que facer filigranas.

Dende que contei a desaparicion de Luis, tenhen pasado moitas cousas. Foi duro ao principio... e segue sendo duro agora.
Pero sexamos francos; ningun de nos viu ao Karakorum a facer amigos, todos vimos a estas montanhas para intentar subilas, para conhecer novos paraxes, para descubrir unha rexion fermosa, e como non, para convivir con xentes dunha cultura diferente. Eu non conhecia persoalmente a ningun dos meus companheiros de viaxe, pero puxen da minha parte todo o que tenho para facer bos amigos e deixar un bo recordo nos meus companheiros de expedicion, para que a convivencia fora boa e para que as relacions persoais foran unha parte importante da nosa experiencia. E penso que neste aspecto a expedicion foi un exito.

Dito esto, co paso dos dias afrontamos a desaparicion e morte de Luis como algo doloroso, pero asumible. Estamos nunha expedicion de alta montanha, todos sabiamos que algo asi pode ocorrer. Decidimos continuar cos nosos proxectos de cumio.

Despois de varios dias parados no CB, outros grupos xa estaban en accion. O G2 estaba moi cargado de neve, pero o G1 ten outra orientacion (estan enfrontados) e era viable. O sabado 25 de xullo, os catro bulgaros e o finlandes co xapones estaban no C3 cunha boa pevision do tempo para a fin de semana, e o dia seguinte fixeron cumio no G1 nun dia extraordinario
sen vento e despexado. Parabens.
Ese mesmo sabado eu xa non aguanto mais, no CB falo co aleman (Dirk Grunert, dous oitomiles). Sabia que el tinha intencion de ir para cumio eses dias facendo cordada co nepali Serap Sherpa. Ok, o dia seguinte subiremos os tres, ademais dun frances e un turko. Os cinco iriamos directamente ao C2 para intentar facer cumio o martes, ultimo dia previsto do periodo de bo tempo. Eu estaba un pouco preocupado polo forte ritmo que poderian imponher, xa que Serap e Dirk demostraban estar moi fortes.
O domingo 26, subimos en 5 horas ao C1, eu encordado con Dirk saimos as 4.00 h do CB acompanhados pola grata parella-cordada portuguesa Daniela-Paolo. Logo chegaron os outros tres. Nunca entendin, e sego sen entender, como Serap (lider da cordada de 5) decidiu que esperaramos no C1 ata as 14.00 h para continuar a ascension. As duas da tarde facia un sol abrasador, non facia nada de vento e iniciamos a marcha polo prato' superior do glaciar penosamente, parecia unha travesia polo deserto. O turco e o frances non aguantaron moito, pasadas duas horas, nas primeiras rampas, solicitaron desfacer a cordada, sabedores de que eu levaba unha corda extra. Asi pois, Serap, Dirk e mais eu continuamos e mais atras seguiannos o turco e o frances nunha cordada de dous.
Chegamos ao C2 onde eu tinha unha tenda que ocupamos Dirk e mais eu. Os outros tres ocuparon a tenda de Carlos e Marta. Despois da cea, falei un rato con Dirk pero de seguido quedou durmido, o dia fora moi largo. Intentei mandar unha nova coa PDA, pero non quiso nin encender.
O dia seguinte non madrugamos, peparamos as mochilas e os demais foron saindo cara o C3. Inda non saira eu (o ultimo, como sempre) e xa estaba o turco de regreso, que non lle ian as pernas, me dixo. Fun tras os meus companheiros de aventura e os
alcancei no inicio da corda fixa. Serap, que levaba unha tenda para todos eles, di estar cansado. Ningun dos outros ofrecese a axudalo coa tenda, a cousa pinta mal. Eu ofrezcolle a Dirk compartir a minha pequena tenda no C3. Ante a situacion, tomo a iniciativa e emprendo a ascension polas cordas fixas, os outros van vindo detras. Pero a metade de ascension decatome de que
xa so' ven Dirk, os outros descenderon. Ben, penso que Dirk pode ser un bo companheiro par ir cara ata o cumio. Pero vaise quedando moi rezagado... e finalmente descende. Chego ao C3, monto a minha tenda e fago auga, de seguido preparo a cea, as vistas son maravillosas. Duas horas e media despois chegan catro checos, so' venhen a durmir para aclimatar. Estou so' para
intentar o cumio, ben, non hai problema, so' tenho que sacar o mellor montanheiro celta que levo dentro. A prevision de Meteogalicia era boa ata o martes, despois ven mal tempo. Parece que era posible, inda que non sei como respondera o meu corpo a esa altitude...
Martes 28, inicio a ascension as 3.10 horas, vou bastante cargado... para ir cara o cumio, levo entre outras cousas a minha camara fotografica reflex (1,5 kg) (en contra da opinion de todos os meus companheiros), pero cada un ten o seu vicio, je je.
A noite era despexada, fria pero con pouco vento. A ruta era evidente e sen ningunha complicacion tecnica, inda estaba boa parte da pegada dos que ascenderan facia dous dias. Pasaban as horas e empezaba a saborear o gusto por unha cume deseada, o meu primeiro oitomil... erro. Sobre as 9 e algo unha nube formouse na montanha, e eu estaba metido nela. De repente todo cambiou, non se veia nada, o vento aumentou violentamente e a neve era axitada en todas direccions. Seguin subindo, coa certeza de que aquela nube desapareceria antes ou despois, a tinha visto moitas veces dende o CB e dende o C1. Pero aos 7.859 metros de altitude (segundo o meu GPS), eran as 14.00 horas e non veiase o cumio, nin a ruta, nin nada. Era a hora de seguridade imposta por min mesmo, tinha que baixar. Foi dificil tomar esa decision, pero baixei. Sobre as 17.30 h a nube esfumouse e quedou unha tarde maravillosa. Eu cheguei ao C3 as 19.30 horas. Estaba so'.

23/07/09

Adeus Luis!

O noso companheiro Luis desapareceu e, tristemente, damoslle por morto.
Despois de 3 dias de desolacion, impotencia e rabia, reuno forzas para escribir sobre o acontecido ultimamente.
O luns (dia 20) un numeroso grupo de iranies saiu do C3 cara o cumio do G2 (8.035 m), Luis en companhia dun polaco foi tras eles. Pola tarde a meteo non era boa, e o vento bastante forte. Parece ser que ian moi lentos e as 19.30 horas o polaco pediulle insistentemente a Luis que regresaran, estaban preto dos oitomil metros pero era moi tarde e o forte vento facia perigar as suas vidas. Luis, obsesionado con chegar ao cumio (o pasado ano xa o intentara e quedou 300 metros por baixo), non atendeu a razons e seguiu ascendendo... so'.
Mentres tanto, todos os demais membros do noso grupo xa estabamos de regreso no CB. Tras a cea, informannos de que 14 persoas fixeran cumio no G2, entre eles Luis. Quedamos estranhados de que nun dia de malas condicions metereoloxicas fixeran cumio tantas persoas, pero alegramonos moito por Luis.

Durante os dias anteriores cada un de nos foi intentando seguir os seus plans de cumio. No meu caso ata o C1 con Miguel (dia 16) onde uniusenos Sandrine para subir ata o C2 do G1 (dia 17). Unha hora antes que nos xa subiran Marta e Carlos cos seus porteadores. Os tres vascos, estando xa no C1 decidiron ir cara o G2, e David lesionado nun xeonllo decidiu regresar a casa. Luis non esperou uns dias no CB como lle recomendaramos, e subiu horas despois de facelo eu con Miguel.
O sabado (dia 18) acadamos o C3 do G1 nove persoas das presentes na reunion de dias antes: os 4 bulgaros, o aleman, o nepali, Sandrine, Miguel e mais eu. Ascendemos polo "corredor dos xaponeses", nas ultimas 3 horas metidos nunha xistra. Non foi doado montar as tendas. As previsions metereoloxicas para a fin de semana eran boas... pero non deixou de soprar e nevar durante toda a noite, a neve acumulouse ata a metade da porta. Antes de meternos nas tendas nos puseramos dacordo os 9 en despertar a 1 h e sair xuntos as 2 da madrugada (dia 19), para abrir pegada por turnos e ter mais posibilidades de cumio (8.068 m). Pero foi imposible. As 6 da manha seguia nevando con forza, empezamos a barallar a posibilidade de esperar un dia, pero estabamos a 7.070 m e cada vez sopraba mais forte. A montanha rechazounos, pasadas as 10 h todos decidimos baixar, e non foi doado a pesares das cordas fixas... unha das avalanchas que baixaban polo corredor enterrou a Sandrine, que foi rescatada por Miguel e o nepali quen estaban mais preto dela. Despois do forte susto e chegar ao C2, Sandrine, Miguel e mais eu baixamos ao C1 e quedamos ali.
O dia 20 os tres saimos as 9 da manha do C1 cara o CB, puidemos ver xente no G2 cara o cumio, o dia estaba bastante despexado pero intuiase o vento... a prevision metereoloxica era moi mala para os proximos dias, pero quizas hoxe aguante, pensamos.

O martes 21, no CB espezou a nevar. Na parte superior da montanha estaba moi cuberto e sabiamos que o glaciar estaba en malas condicions, polo que non estranhounos que non baixara ninguen ao CB. Pola tarde chegan novas contraditorias, parece ser que hai dous desaparecidos, un pode ser Luis. Intentamos confirmar a desconcertante mala nova e... si, Luis quedou moi arriba. Dinnos que o polaco esperouno no emplazamento do C4 (sen tendas) durante 4 horas e non o viu aparecer, pasou a noite no C3 e pola manha tampouco viu a Luis. O mal tempo fixo que todas as persoas inda na montanha baixaran ao C1. Luis desapareceu.
As horas pasan, os dias pasan, e segue nevando, hoxe e' xoves. Ninguen no C1 foi capaz de intentar chegar ao C2, a acumulacion de neve fresca fai moi perigosa a ruta ao G2, polo que non e' posibel a busca de Luis. Non hai nada que facer, o sentimento de impotencia invadenos, temos que asumir o fatal desenlace.

Curiosamente resultou que ninguen chegou ao cumio ese dia, inda que 5 iranies consideran que si, a pesares de reconhecer que quedaron a uns 50 m... e' a cara hipocrita do montanhismo, magoa.
Esta manha marcharon Sandrine e Miguel, por non dispor de mais dias. Quedamos seis.

A oitomil metros os erros paganse moi caros. Nestas fermosas montanhas (Gasherbrum = montanhas luminosas) cubertas dun manto branco espectacular, as veces pasan corvos, que co seu luto lembrannos que de cando en vez, un montanheiro perde eiqui a sua vida. E' o forte contraste do branco e o negro, a beleza e a tristeza, a vida e a morte.

Non sabemos, nin posiblemente saberemos nunca se Luis chegou ao cumio, pero todos queremos pensar que o conseguiu e tivo o seu momento de ansiada gloria.
Ningun de nos o conhecia moito, pero Luis era unha boa persoa, por eso esperamos que agora este moito mais arriba, no ceo.

Adeus companheiro!

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

15/07/09

Planes de cumio no G1

Hoxe estamos todos no CB, pero temos unha prevision de ceo bastante despexado para os proximos catro dias inda que con vento (nada clara a sua intensidade, xa que as distintas meteos coas que contamos dan datos dispares. Meteogalicia dame 40-50 km/h no cumio, que e' bastante).
Pola manha, no noso campamento, tivemos unha reunion entre membros de varias expedicions para colaborar na ascension ao G1, entre eles xente con moia experiencia: o finlandes (13 oitomiles), o nepali Serap Jamgbu Sherpa (11) e do noso grupo Carlos Soria (8), Miguel (5), Sandrine (4)... tamen estaban un polaco, un aleman, 4 bulgaros...
Do noso grupo, so 4 tinhamos decidido ir ao G1, despois da reunion, 5 mais decantanse por esta montanha. Os 9 temos previsto iniciar a ascension manha, coa posibilidade de intentar cima o domingo (dependera moito do vento). Os ultimos en sair do CB seremos Miguel e mais eu, que o faremos pola tarde, os demais saen esta madrugada. Luis queda uns dias no CB.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

Campo 2 (6.430 m)

O dia 11 pola tarde, Miguel, Luis e mais eu iniciamos o ascenso polo glaciar ata o C1. Din que, basicamente, os montanheiros que transitan por glaciares se dividen en dous grupos: os que xa levaron un susto nunha greta... e os que o van levar. Tardamos 7 horas, cunha unica parada de 15 minutinhos. Tenho que destacar a minha primeira experiencia-susto nunha greta, coleime ata o peito, afortunadamente estaba correctamente encordado, sen consecuencias (neste glaciar as gretas tenhen unha profundidade media de... 150 m!). Chegamos pasada a media noite, cea quente e para o saco, cada un nunha tenda

Ascendendo polo glaciar, do CB ao C1. Ao fondo o G2

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

14/07/09

Campo 1 (5.900 m)

Agora vou contar o que aconteceu nos ultimos dias da expedicion.
A madrugada do dia 6 (algo antes das 4 h) saimos os dez companheiros para o campo 1 (C1). E' unha longa marcha por glaciar na que se ganhan 900 metros de desnivel, pero subense uns 1200, polo trazado da ruta entre gretas e seracs . Eu iba encordado con Sandrine (francesa) e con Miguel Angel (navarro). Sobre as 8 da manha a 5500 m, a altura pasoume factura e decidin plantar a minha tenda, na mochila tinha de todo, pero pesaba dabondo. Pouco despois Miguel Angel encontrouse mal e decidiu baixar ao CB [e un dia despois decidiu regresar a Espanha... magoa]. David (malaguenho) tampouco estaba ben e plantou a sua tenda ao meu caron. Os dous pasamos o dia "tirados" nas tendas.
O dia seguinte fixemos o esforzo de ir cara o C1, a min levoume case "7 horas" e o pasei fatal.
O dia 7 de xullo amanhece a -19°C, Marta (aragonesa) e Carlos Soria (madrilenho), suben ata o campo 2 (C2) do G1 a facer un porteo de material. Sandrine e os tres vascos (Unai, Oskar e Arkaitz) tamen van ao C2 donde pasan 2 noites. Eu e David damos un paseo cara o C2, para ganhar algo de altura. Luis (levantino) vai cara o C2 do G2, pero pronto regresa e vai para o CB.
O 8 de xullo, sen presa, David e mais eu vamos para o CB, tardamos unhas 4 horas, antes xa baixaran Marta e Carlos. Toca comer ben e recuperarse.
Dia 9, seguimos no CB, chegan os outros catro directamente do C2 e estan de sorte, estamos facendo nos a comida "tortilla espanhola". Se incorpora ao noso grupo Miguel (leones), volvemos ser dez.
Dia 10, seguimos no CB, pero estudando cando subir de novo, en funcion da prevision metereoloxica. Miguel (que ven de Andes e esta aclimatado) e mais eu (que non aguanto moito parado no CB) decidimos subir manha, queremos durmir no C2, para dende ali intentar acadar o C3, sempre do G1, o meu principal obxectivo. Luis nos acompanhara ata o C1.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

Fotos, parece que sera posibel!

Intentando enviar unha foto (varias veces)agotei a bateria da PDA e costoume varios dias conseguir que volvera funcionar. Recuperada a PDA, retomei o tema de enviar fotos e o conseguin, inda que non me da como enviadas.
Ben, se a tecnoloxia non se torce, agora as novas iran con foto (inda que por separado, nestas circustancias nada e' perfecto).

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

13/07/09

Foto 05/07/2009: CB, detras o G1

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

06/07/09

No CB, sen poder subir

Esta madrugada tinha previsto subir ao Campo 1 (C1), situado a uns 5.900 metros. Seis companheiros en duas cordadas nos citamos as 3.00 h para almorzar e sair para o C1, pero unha hora antes comezou a nevar, polo que visto o panorama decidimos quedarnos.
Non deixou de nevar ata as 18 horas. A ruta ata o C1, dunhas seis horas por un glaciar con moitas fendas, acumulou moita neve fresca e esta moi perigoso. A prevision metereoloxica e' doutro dia malo, que o seguinte empeza a mellorar e 3 dias de bo tempo, polo que decidimos non sair tampouco esta madrugada.
A vida no CB e' relaxada, comendo ben, durmindo moito, xogos de mesa e charlas cos companheiros, ademais da posta a punto do material.
Todos temos ganhas de subir, pero temos que ser pacientes e non desgastarnos innecesariamente.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

05/07/09

Esta madrugada imos ao C1

Esta madrugada os dez membros do grupo intentaremos acadar o campo 1 (C1), temos previsto sair as 3.00 h, polo que tenho posto o espertador para a 1.30 h. Escribo na PDA dende o saco de durmir, a temperatura no interior da tenda e' de -3°C.
Onte pola manha din un paseo polo glaciar, no inicio da ruta que vai ao C1, ata chegar a primeira greta perigosa. A ruta esta ben balizada, pero hai moita neve fresca. Polo seran comezou a nevar a xa non parou ata as 4.30 h da madruga, que foi cando a xistra foi forte dabondo, a neve colouse no doble teito da tenda e cubriu todo o que ali se atopaba.
As avalanchas son costantes, dia e noite. Un espectaculo digno de ver... a certa distancia.
Hoxe o dia amenceu fantastico, nin unha nube e todo cuberto cun fermoso manto branco. Varios companheiros fomos ata o final da morrena do glaciar, dende onde comtemplamos o G2 e o G3. O sol foi abrasador. Ao regreso a comida, ben feita e bastante variada, dadas as circunstancias, inda que as ceas son mais abundantes. Polo seran, despois da sesta, preparacion da mochila e sesion de fotos. Cea, mais fotos (o dia as merece), e para a tenda, que manha sera un dia duro.

Dicir que se poden enviar sms ao meu telefono satelite de xeito gratuito entrando en www.iridium.com , logo pinchar arriba a dereita "enviar sms a satelite" e xa acededes ao envio, logo ponher o meu numero 881651475971 (as primeiras 4 cifras xa estan) indicar o nome ou email voso e escribir o texto. Doado non? Pois xa me podedes enviar animos.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

03/07/09

Chegada ao Campo Base

Onte chegamos ao Campo Base (CB), situado no glaciar Abruzzi, a 5.030 m. O dia espertounos cunha forte xistra, o inicio da marcha estaba previso para as 7.00 h, pero retrasouse a saida unha hora na espera de mellores condicions, que non chegaron.
Toda a manha nevando, ao chegar ao campo base recibimos a hospitalidade dunha parella de portugueses dunha expedicion internacional, ata que se atopou unha ubicacion para a nosa expedicion.
Baixo unha insistente nevada, sobre un canchal e con concerto descontrol, preparamos o terreo para as nosas tendas. Despois dunha reconfortante soupa quente, sorteamos as tendas, unha para cada un.
De supeto o ceo abrese e queda un panorama formidable, comtemplamos o G1 en toda a sua plenitude.
Vai moito frio, a temperatura pola noite baixou ata os -12°C.
Hoxe dediquei o dia a mellorar a situacion da minha tenda, cargar baterias, organizar as minhas cousas e preparar a mochila para esta madrugada subir ao campo 1.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

30/06/2009. Ultima noite sobre o Baltoro

Urdukas, campamento situado nun lateral do glaciar, en terra firme, e un fermoso balcon sobre o Baltoro. A noite foi despexada, con vision de estrelas, e a temperatura baixou bastante.
Ao dia seguinte levanteime cedo, as 5.30 h para fotografiar a fermosa paisaxe antes do amencer e o despertar do campamento. O almorzo foi as 7.00 h. Unha hora despois xa estabamos andando sobre o glaciar, a xornada era corta (unhas 4 horas) e todo o grupo o tomamos con moita pachorra e paramos moito disfutando das vistas e do propio glaciar, ata chegar a Goro 2 (4.300 m), onde emplazouse o campamento.
O noso grupo esta formado por 10 expedicionarios (1 francesa, 1 aragonesa, 3 vascos, 1 navarro, 1 madrilenho, 1 levantino, 1 andaluz e 1 galego) , formado para compartir permisos de ascension, o treking de aproximacion e a estancia no campo base (CB). No grupo hai moi bo ambiente.
Hoxe o ceo esta moi cuberto, non hai vistas, e ao inicio da marcha neva lixeiramente. O parte que recibo de Meteogalicia xa anuncia un empeorameno do tempo, mecachis!
Coa camara de fotos na mochila, hoxe bou no grupo de cabeza impimindo un forte ritmo. Cunha parada en Concordia, ao pe das grandes montanhas pero onde o dia non permitiu ver o K2, nuns intres poidemos contemplar o cumio do Broad Peak e do G4. Seguimos ruta ata Chamal (4.735 m), o noso novo campamento. Comeza a nevar forte, pero temos que esperar a que os porteadores cheguen coas tendas. Pola noite a temperatura na tenda e' de 0° C.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

29/06/09

Trekink polo Baltoro

Despois duns dias de certa angustia por non ter o meu petate, chegou!
Nos ultimos dias fun, cos meus companheiros de viaxe, de Skardu a Askole en vehiculo todo terreo por pistas de terra polvorenta e con fermosas e aereas vistas sobre o rio Indo. O vehiculo rompeu a direccion e foi reparada in situ daquela maneira, continamos viaxe con "certa" inquedanza.
Ao dia seguinte iniciamos o treking, de Askole a Yula, nunha comoda xornada a pesares do sempre pesente polvo.
Na segunda xornada do treking chegamos a Paiyu, un pequeno oasis neste entorno de pedras e terra polvorenta de escasa vexetacion. A paisaxe e' fermosa, cada dia mais.
En Paiyu (3.359 m) tivemos un dia de descanso, que aproveitei para acadar os 4.635 m, cunhas boas vistas sobre o val.
Hoxe, ao pouco de sair de Paiyu (7.00 h), entramos no glaciar do Baltoro... Impresionante! O treking polo glaciar e' duro con costantes subidas e baixadas e co sol quentando sen descanso, pero contemplando as miticas paredes do Trango: a Torre sen nome, a Gran Torre, a Catedral... E ao fondo o Broad Peak. A xornada rematou en Urdukas (4.000 m), as 14.45 horas.


Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

23/06/09

Skardu

Onte chegamos a Skardu, unha pequena cidade ao pe das montanhas, ao norte de Paquistan. O viaxe dende Islamabad foi en avion... por motivos de seguridade, deste xeito evitamos transitar
polas estradas do pais, dada a situacion de conflicto na que se atopa.
En Skardu ademais de descansar da viaxe, estamos a facer as ultimas compras: te, azucar, froitos secos, froita desecada... e outras cousas como sacos para protexer a equipaxe, etc.
Onte fun correr unha hora pola beira do rio Indo, para estirar un pouco as pernas, ata unha aldea onde chegaban os nenos da escola e alguns deles correron detras minha. Vin moitas avubillas, campos de arroz... Hoxe en Skardu habia partido de polo (foto) co Karakorun ao fondo. A xente e' estupenda e rien moito con nos.
Manha marchamos a Askole, en todo terreo por unha das estradas mais "atrevidas" do mundo. Dende ali comezaremos o treking a pe.
E o meu petate segue sen chegar... tenho que ser paciente, pero dentro esta o telefono satelite e ata que non o tenha non poderei enviar novas.

21/06/09

Chegada a Islamabad

Cos preparativos dos ultimos dias, e o estres correspondente, non tiven tempo de escribir, pero por fin estou en Islamabad.
As estatisticas din que a algun membro da expedicion non lle chegara a sua equipaxe. E neste caso cumprironse, je je. E tocoume! ben, a loteria podia chegar doutro xeito, pero que lle vamos facer.
Espero que o meu petate chegue pronto... pero non hai vo ata dentro de dous dias! E nos marchamos manha para Skardu.

10/06/09

Parte do material xa está de viaxe

Dúas semanas antes de partir cara a Paquistán, enviei dous bidóns (52 Kg) con algo máis da metade do material da expedición. O resto viaxará nos mesmos avións que eu (ou eso é o que espero! uf, unha das maiores preocupacións é que parte do material non chegue). O peso total que levarei dende Vigo acercarase moito aos 100 Kg, incluíndo a comida de altura.

11/05/09

Carreiras

Como motivación extra á preparación física cara a miña próxima expedición a Paquistán (saída o 19 de xuño 2009), estou participando en algunhas carreiras: Media Maratón VIG-BAY o 29 de marzo, con saída en Vigo (tempo realizado: 1h 28´18"); Maratón Popular de Madrid o 26 de abril (tempo realizado: 3h 19´39"). A próxima carreira na que participarei será a Maratón de Montaña Zegama-Aizkorri, en Euskadi, unha dura proba da Copa do Mundo de Carreiras por Montaña que se celebra o vindeiro 24 de maio.