Os que non puidestes ver a miña proxección da expedición “Karakórum 2009” en Vigo o 23 de abril, tedes agora dúas novas oportunidades de facelo:
2ª.- Mércores 24 de novembro, en A Coruña.
No mes de novembro, como é tradicional, celebraranse varios ciclos de conferencias/proxeccións en Galicia sobre diversos temas relacionados coa montaña, eu estou invitado a participar en dous deles, nas seguintes datas:
Venres 5 ás 20.30 horas, no Teatro Principal (Pontevedra, rúa Paio Gómez Charino, s/n.), co título “Expedición verán 2009 no Karakórum”, dentro do ciclo “Charlas de Aventura na Montaña” organizado polo Club Montañeiros de Pontevedra.Foto: Teatro Principal de Pontevedra,
emprazado no centro histórico da cidade.
Mércores 24, ás 20.00 horas, no ITE Caixa Galicia (A Coruña, Ronda de Nelle, 31), co título "Gasherbrum: as montañas luminosas. Un galego a oitomil metros" dentro do ciclo “VII Semana da montaña” organizado pola Sociedade de Montaña Ártabros.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada