12/5/12

De regreso en Kathmandu


Ola! Xa estou en Kathmandu, cheguei anteonte. Fin da expedicion, inda que non da viaxe, estarei uns dias mais nesta cidade descansando e recuperandome en parte do desgaste fisico e mental que supuso a gran montanha.
O primeiro quero agradecer persoalmente TODAS as mensaxes recibidas (blog, telefono satelite, mobil…), o carinho, as mostras de apoio anteriores e durante a expedicion, as felicitacions recibidas… GRAZAS de corazon. Tenho ganhas de veros a todos.
Inda non podo enviar fotos, pero o farei en canto sexa posible. Tamen tenho pendente de escribir o relato do que foi a ascension e o descenso do cumio, pero como sabedes non tenho meu portatil operativo e ademais tenho algunha pequena dificultade para escribir nos teclados (por certo que estou nun ciber cun teclado ingles, notase non?), polo efecto do frio extremo sufrido nos dedos. Os dedos dos pes os tenho peor, pero non os necesito para escribir… de momento.
Esta tarde chegaron a maioria das minhas cousas, con dous dias de atraso pola folga que se vive neste pais en loita por conseguir a sua mellor primeira Constitucion posible. O primeiro dia de foga estabamos en Pokhara e para ir ata o aereoporto tivemos que alugar unas bicis.
Agora toca reorganizar todo o meu material que tiven que empaquetar a toda presa no CB, para sair “voando”.
Debo dicir que xa non recibo sms no meu telefono satelite, quedou colapsado dende o dia de cumio e so podo recibir chamadas nel. Recibo agora mensaxes no meu mobil, pero non collo chamadas ata chegar a Espanha, senon seria unha ruina. Tamen recibo emails, pero non sei porque demos non podo enviar ningún.
Esta é a relación de novos remitentes dos sms que me teñen chegado ao meu teléfono satélite ata o dia 6 de Maio: Paco (Granada), Fernando Dguez., Manoel, Lois, Inercia Tui, Roberto Lopez, Manuel Beloso, Oscar Reixa, Jose Vazquez, Amancio (C.M.Ribeira Sacra), Nacho Pequeño, Beto Joy. Grazas a todos.
Envio una foto feita hoxe, pero pensando “no dia de manha”
Unha sentida aperta
Sechu, dende Kathmandu.
Sabado, 12 de maio 2012.

5 comentarios :

Lourdes dijo...

Mañán na III andaina pola protección do Galiñeiro teremos presente a túa imaxe do blog con esa camiseta. Botarémoste en falta.
Coida os dedos e as dedas, son importantes.
Moitos bicos
Lourdes

J.S.Barbero dijo...

Hola Sechu! No sé si te habrá llegado el mensaje de mi madre, Lucía, la hermana de Luis Barbero. Felicidades de parte de toda la familia para tí y los demás conquistadores del Annapurna! Eres grande, como montañero y como persona, mucho más grande que cualquier ocho mil que haya sobre la geografía terrestre! Gracias por ser tan bueno con mi madre, tú le haces ver la montaña como la sentía Luis, le acercas a él. Y nunca podremos agradecerte lo suficiente todo lo que hiciste por nosotros. ¡Disfruta de tu conquista!

Ana dijo...

Enhorabuena

Agus dijo...

Enhorabuena Sechu, cuídate esos dedos, los nuestros ya están "descruzados" desde sabemos que estás a salvo.
Un abrazo muy grande desde Asturies.
Agus.

alex dijo...

Enhorabuena de parte de Ramón, que desde Venezuela ha seguido dia a dia el éxito de tu expedición. Un abrazo.

Alex.