2/5/12

Esperando no Campo 2


Tras chamada telefónica de Sechu dende o Campo 2 no que  explicou todo o vivido no día de onte, e non podendo el relatar directamente no blog o acontecido, dende Vigo describimos, por petición del, a que nos contou:
Como estaba previsto, onte día un de maio Sechu chegou o Campo 2. A intención hoxe era chegar ao Campo 3 – sendo este o tramo máis perigoso-, pero ese intento viuse abortado por mor das avalanchas. Foron tres as vividas, unha delas  chegou a alcanzar o Campo 2 en forma de neve po. Afortunadamente ningunha delas tivo consecuencias para os alpinistas. As fortes nevaradas dos días anteriores e a carga de neve que ten a montaña foron quen de marcar os límites a progresión.
Das trinta persoas que chegaron ao Campo 2,  vinte decidiron dar  volta cara ao Campo Base en espera da melloría do tempo. Quedan agora mesmo dez persoas no Campo 2, Sechu, xunto con outros sete alpinistas e dous Sherpas.
Manifesta Sechu que confía en que mañá día 3 de maio poderá chegar ao Campo 3 e intentar cumio o próximo domingo dia 6, xa que a meteoroloxía prevé bo tempo.
Di  que se encontra ben, forte e con moita ilusión por chegar ao máis alto desta montaña, que tan difícil está poñendo as cousas.
Dende aquí, aproveitamos para desexarlle  moitos ánimos!!

2 comentarios :

Xulio dijo...

Sechu chamou hoxe. Informa de que está no campo 3 e que mañá seguirán intentando subir. Esperemos que teña sorte!. Ánimo Sechu!

Selot dijo...

ok xulio